,

mércores 06 xullo 2011

 Petrolíferos é como lles chamaba aos petroglifos un antigo e célebre conserxe do museo, sendo director Felipe Senén López. "Don Filipe, que aquí hai un señor que pregunta ónde están os petrolíferos". E, a base de contar o chascarrillo, petrolíferos quedoulles na xerga gremial interna desta casa de San Antón. É un pouco o dos mandacarállidos por ovicápridos, ou arquílogos por arqueólogos, que popularizara en tempos o primeiro mestre, logo amigo e agora ausencia, Carlos Alonso del Real. Pero iso tocará, se toca, outro día, que a fin de contas non son máis que historietas de arquílogo vello en plan Abuelo Cebolleta.

Os petrolíferos que hoxe importan son os de Tourón. E é así porque veño de recibir un correo do amigo Ventura (Buenaventura Aparicio segundo o seu DNI) ao que adxunta o cartaz dunha impresionante Festa da Arte Rupestre que se celebrará alí mesmo, en Tourón, con visitas nocturnas e no solpór ás estacións "petrolíferas", talleres de arqueoloxía para nenos, adultos ou familias, hípica infantil e moitas máis cousas.. Vai:





Imprescindibles as dúas visitas, a da tardiña da man do Dr.Aparicio, don Ventura. Se poden, non as perdan.






os comentarios foron deshabilitados.